As Pontes, Sede da Banda Sinfónica Infantil de Galicia 2018 (BSIG)

xira 2018. BSIGA Banda Sinfónica Infantil de Galicia (2015) nace como proposta da Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB), enmarcada no programa educativo Vientos del Mañana do “Plan Nacional de Bandas”.

Non é sen máis unha agrupación musical, senón un sincero programa educativo cultural que usa á Banda como ferramenta formativa e de unión entre os novos músicos galegos procedentes de diferentes espazos e ámbitos educativos e culturais como conservatorios, escolas de música ou bandas populares; sendo o único proxecto existente no que se une tanto a formación regrada ca non regrada e a súa vez ca cultura popular dos nosos pobos: as bandas populares. 
As Bandas transmitiren valores como o traballo en equipo, unión, cooperación, disciplina, respecto, compromiso ou solidariedade; o que fai da Banda Sinfónica un instrumento vivo.
 
A Banda Sinfónica Infantil de Galicia (BSIG) terá como sede o Concello de As Pontes no ano 2018. A candidatura do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes de García Rodríguez foi a seleccionada para levar a cabo este ano o proxecto musical que reúne a 70 nenos e nenas de entre 9 a 15 anos procedentes de toda Galicia.
 
AS DATAS DOS CONCERTOS DA XIRA 2018
 
Encontro da Banda Sinfónica Infantil de Galicia (14 ó 19 de agosto. Sede en As Pontes)
Concertos:
18 de agosto, 20h. Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
19 de agosto, 20h. no Auditorio Municipal Cine Alovi de As Pontes
Banda Galicia. Reunion As Pontes
Fotografía da sinatura de acordo:
 
Abel Riveira (Director Artístico da Banda Sinfónica Infantil de Galicia 2018), Carlos
Diéguez (Director da Escola de Música  Concello de Ortigueira), José Alén (Concelleiro de As Pontes) e José Manuel Campello (Director do Conservatorio de As Pontes)
Esta entrada fue publicada en 2018. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario