Enrique Lagares Rivas (Director Musical BSIG)

Nace en A Coruña en 1993. Inicia os seus estudos musicais de saxofón con 6 anos no conservatorio de música de Culleredo, baixo as directrices de Silvana Mato, Alejandro Cabalar, Aleixandre Gallego e Marcos Mariño. Con 11 anos realiza a proba de acceso a grao profesional e con 17 anos obtén praza no conservatorio superior da Coruña.

Estudia grao superior co mestre Narciso Pillo compaxinandoo cos estudios de dirección de banda e orquestra asistindo a clases con David Fiuza e Frank de Vuyst en Valencia.

Na sua formación como saxofonista asistiu a cursos e masterclass cos mestres: Felipe Antonio Belíjar, Pablo Coello, Mariano García e Marcos Mariño.

No ámbito da dirección asiste a cursos con: James Barnes, Jan Cober, R. Pascual Vilaplana, Alex Schillings, Rafael Agulló, Evan Feldman, Isabel Mª Rubio e F. Navarro Lara, e de harmonía e análise con M. Fayos Jordán.

Dirixiu, como director convidado, as bandas de música de “liceo la Paz”, S.M. de Moncada e a banda de música de Ortigueira, e como alumno de prácticas: a banda de música de Rianxo, Banda Militar Portuguesa, Orquesta de sopros de Costa Cabral e a S.M. Llosa de Ranes.

No ano 2014 constitue a Escola de música de Oza-Cesuras, sendo o seu director, profesor de saxofón e conxunto instrumental. Dende ese mesmo ano, pertence o cadro de profesores do conservatorio e colexio “Liceo la Paz” de Coruña. No ano 2015, con tan só 21 anos de idade, funda a banda municipal de Música de Oza-Cesuras, sendo o seu director artístico e musical.